Site icon Crónica3.com A Mariña

O CEIP de Riotorto e a asociación Arrincadeira fan actividades de reciclaxe, consumo e comercio xusto

Nota de prensa
Charlas sobre comercio xusto e consumo responsable.

IDADE:

Rapaces e rapazas de educación primaria, secundaria e bacharelato e público adulto en xeral.

TEMÁTICA:

Consumo responsable e comercio xusto.

Analizar as causas dos desequilibrios económicos, sociais e medioambientais e propor alternativas de consumo responsable útiles para as persoas.

OBXECTIVO:

Concienciar á  poboación no consumo consciente e solidario e introducilos nas alternativas, entre elas o comercio xusto.

FORMATO E MATERIAIS:

Charlas ou obradoiros con apoio audiovisual.

OBRADOIRO DE RECICLAXE

MATERIAIS QUE SE PRECISAN:

Para a elaboración dos agasallos:

o Lapiceiros  (botes de iogurt, pegamento, papel para decorar ou pinturas).
o Marcos de fotos (cartóns, cola ou pegamento, trozos de papel…)
o Bolsos (un pantalón que non utilicemos, fío, agulla).
o Carpetas/carteiras (tetrabricks, cartulinas, papel de revistas, comics, periódico ou de regalo, pegamento, tixeiras, fíos, agulla, forro adhesivo.)
o Caixas decoradas (caixas de cartón, de cerillas, palillos, de zapatos… calquer tipo, papeis diversos, pegamento, cola)

Para a elaboración dos xoguetes:

* Coche/autobus (caixa de cartón por exemplo de galletas, cartóns, papeis (papel de regalo, de revistas, periódicos, tapos de botellas…  para decorar, pegamento, celo, tesoiras, pinturas, rotuladores…)
* Palo de lluvia (cartón do rollo de papel de cociña ou hixienico, papeles para decorar e pegamento, area, arroz… para o recheo), maracas (botellas, botes de iogur, sementes, arroz, garbanzos… para o recheo, papel ou pintura para decorar, celo), tamboril (caixa redonda tipo quesitos, pau, fío, papel, tesoiras..)
* Bolos (Botellas de plástico, pinturas)
* Pequeno billar/tragabolas (caixa de zapatos, ou de deterxente, pinturas para decorar, tesoiras, papel…)
* Bola de cristal (tarros de cristal, pegamento, purpurina ou algo similar, pequenas figuras).

Obradoiros sobre Consumo Responsable.

IDADE:

Rapaces e rapazas de educación primaria, secundaria e bacharelato e público adulto en xeral.

TEMÁTICA:

Consumo responsable e as alternativas para un consumo consciente.

Ver e analizar as  consecuencias do consumismo e dar alternativas para un consumo consciente.

OBXECTIVO:

Concienciar á  poboación no consumo consciente e solidario e introducilos nas alternativas, entre elas o comercio xusto.

FORMATO E MATERIAIS:

Obradoiro de Consumo Responsable:

o O noso impacto como consumidores.
o Iniciación a un consumo responsable. Que é, en que consiste, etc.
o Como podemos ser consumidores responsables. Crear a nosa propia proposta.
o Iniciarnos nas 3 Rs
o Impacto da publicidade
o Realizar traballos de pequena investigación, entrevistas…. Que logo se reflexarán, por exemplo un traballo, unha web quest ou nunha revista.
o Sensibilizar o noso entorno para que sexan consumidores responsables. Por exemplo, confeccionando un manual de consumo.

Isto será un pouco a idea inicial que se concretara a través de xogos, talleres como por exemplo, Especialistas nas 3 Rs (Reducir, Reutilizar e Reciclar) elaborar papel reciclado e outras figuriñas, xoguetes ou outros utensilios a partir de cousas que xa non utilizamos (coches, bolas de cristal, bolos, carteiras, carpetas, máscaras, marcos de fotos…), reciclar ou decorar roupa vella ou que non utilicemos para sacarlle mellor partido, elaboración de bolsos, broches…, visionado de vídeos, busqueda de información, experimentos, realización de exposicións, etc.

* Traballos de investigación: canto consumimos, que recursos son os máis “derrochados” no noso entorno, que medidas podemos propoñer para dar alternativas ou solucións, a cantos impactos publicitarios estamos recibindo, cal é a influencia da publicidade, buscar casos de sobreembalaxe …
* Que pode facerse con..?
* Elaborar papel reciclado
* Reciclaxe/decoración de roupa vella ou que non utilicemos
* Investigación: casos de sobreembalaxes,
* Unha tarde de anuncios: Análise da publicidade
* Alternativas para un consumidor responsable: elaboración dun manual de consumo.

Esta pretende ser unha proposta flexible que se adaptará en función do grupo e dos seus intereses.

Exit mobile version