Xove (M.F.O).- O C. B. Xove logrou unha importante vitoria fronte ó Gayolo Begacar de Betanzos a pesar das numerosas baixas que asolan o equipo. A épica vitoria forxouse no último cuarto do partido, pois nos tres primeiros os locais so conseguiron anotar 46 puntos fronte os 66 dos de Betanzos. Nos últimos dez minutos os xovenses saíron en tromba anotando 36 puntos e recibindo so 12. Os visitantes non souberon reaccionar ante a espectacular capacidade anotadora do Xove que finalmente se levou o partido por 4 puntos de vantaxe (82-78). Con esta vitoria os mariñáns ascenden ata a sétima praza para viaxar a próxima xornada ata Porriño.
Polo C. B. Xove anotaron: Javi(4), Ángel(9), Juan María(32), Pablo Santiago(6), Víctor Alcalde(11) – Brais(4), Curro(2), Andrés(9) e Álvaro (5).