FOZ (M.F.O.).- O C. B. Celtas-Primera Calidad non puido levarse a vitoria (63-54) ante o Culleredo que dominou no marcador durante os corenta minutos. O escaso poder de anotación dos focenses volveu ser clave no resultado final aínda que tamén e destacable que son o equipo coa mellor defensa do campionato. O partido decidiuse xa no primeiro cuarto no que os mariñáns encaixaron un parcial de 23 a 13, renda que non deixarían escapar os de Culleredo. Tras o descanso o xogo visitante mellorou, incluso gañando o dous cuartos, pero non foi suficiente par levarse a vitoria. Na seguinte xornada o Celtas recibe ao C. B. A.
Polo C. B. Celtas-Primera Calidad xogou: Javi(6), Humberto(14), Miguel(4), Piñón(15), Manuel- Borja(4), Ángel(11) e Sebas.
Destacar a lesión de Borja que se perdera os proximos partidos.