Nota de pensa
O BNG MARIÑAO PRESENTOU EMENDAS PARCIAIS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA POR 12,4 MILLÓNS DE EUROS
Veiga destaca o intento de corrixir os orzamentos para implementar partidas en política social, sanidade e infraestruturas de comunicación
A Mariña, 30 de novembro de 2010. O BNG mariñao impulsou a presentación de emendas parciais aos orzamentos da Xunta para 2011 por un importe que supera os 12,4 millóns de euros. Os nacionalistas destacaron que na súa maioría están dedicadas a implementar os investimentos en sanidade, política social e infraestruturas de comunicación para contrarrestar os recortes aplicados polo goberno de Feijoo que non axudan a combater o desemprego ao recortar investimento nas grandes infraestruturas viarias, e reducen ao mínimo os investimentos en materia social e sanitaria.
Sen investimento público e imposíbel combater o desemprego
Antonio Veiga Outeiro fixo públicas as emendas parciais presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta de Galiza para 2010 que superan os 12,4 millóns de euros, o Responsábel Comarcal nacionalista recalcou que o BNG mariñao centrou as súas emendas en mudar a política de investimento da Xunta para 2011, “implementando partidas económicas que permitan xerar emprego na comarca en actuacións que nuns casos foron paralizadas e noutros recortouse o investimento plurianual previsto para o próximo ano nos orzamentos 2010”; Veiga fixo mención á emenda ao millón presentado para a estrada LU-124 de conexión coa A-8 dende a Pontenova, Riotorto e Mondoñedo e aos 2,5 millóns de euros para a VAC San Cibrao-Ferrol no tramo lucense. O nacionalista argumentou que “cando os investimentos públicos en apoio do aparato produtivo e en infraestruturas e mais necesario para combater a crise e o desemprego, o goberno galego fai xustamente o contrario” e “incumpre os seus propios compromisos tanto cos alcaldes da Pontenova, Riotorto e Mondoñedo como con todos os do norte cantábrico xa que con este ritmo inversor a VAC vai camiño de eternizarse”
Plan Director e ampliación do Hospital da Costa e mais diñeiro para política social
Veiga anunciou unha emenda por 1 millón de euros para o Plan Director e ampliación do Hospital da Costa, o nacionalista lembrou que o PP recortou á metade o investimento previsto para o ano que ven en relación ao ano que agora remata, “nunha mostra clara de que o PP cando está no goberno incumpre todo aquilo que se encheu de reclamar mentres estivo na oposición”; o nacionalista lembrou que as obras previstas para este ano “aínda non están rematadas” e que o deterioro do servizo sanitario na comarca e constante “tanto pola nefasta xestión como pola ausencia de investimentos”
O Responsábel Comarcal do BNG tamén fixo mención á moitas emendas presentadas para implementar investimentos en políticas sociais en diferentes concellos da Mariña, “Feijoo non abre o que outros lle deixamos feito”, en referencia á residencia de Viveiro, “mais tampouco cumpre aquel compromisos sobre apertura de centros de día ou garderías”, “nin en concellos de menos, nin nos de mais de 5000”, rematou Veiga.