Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove di que conseguiu que que o concello devolva cotas da piscina de cando estivo pechada

Nota de pensa

O BNG de Xove consegue que se devolvan as cotas da piscina

Tras a súa solicitude formal no Pleno da Corporación, o BNG de Xove logrou o compromiso do goberno local de devolver as cotas aos socios e socias da piscina municipal polos tres meses de verán nos que esta instalación estivo pechada ao público. Marco López, responsábel local do Bloque xovense, manifestou o seu desexo de que agora “non tarden moito” en reintegrarlle o diñeiro aos usuarios.

López advertiu que no goberno municipal sobran exemplos de demora e “xestión parsimoniosa” noutras accións, como o “ano e pico que o PP local tardou en instalar un simple ascensor no Centro Cívico” despois de que tamén llo demandara o BNG. Este retraso, ademais de incumprir a lexislación vixente, tivo consecuencias como o problema de accesibilidade e seguridade para persoas con mobilidade reducida ou o feito de que, o Nadal pasado, houbera nenos que non puideran ver os Reis Magos no Salón de Actos por non existir un acceso para os carricoches.

O responsábel local do BNG declarou, unha vez máis, poñerse a disposición do equipo de goberno para axilizar a devolución das cotas da piscina e que “non retrasemos máis este sinxelo trámite”.

Exit mobile version