Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo di que o xulgado de instrución de Viveiro prosegue a investigación sobre o castro da atalaia

Nota de prensa

O XULGADO DE INSTRUCCIÓN DE VIVEIRO PROSIGUE A INVESTIGACIÓN SOBRE UN POSÍBEL DELITO CONTRA O PATRIMONIO NA DESTRUCIÓN PARCIAL DO CASTRO DA ATALAIA

O BNG lembra que o goberno local tiña perfecto coñecemento da existencia dese xacemento dende xullo de 2004

Alfonso Villares chegou a presentar un recurso contra o seu inventariado

Cervo, 9 de novembro de 2010. O xulgado de Instrución nº 1 de Viveiro prosigue a investigación por un posíbel delito contra o patrimonio en relación á denuncia presentada pola Fiscalía de Medio Ambiente pola destrución parcial do Castro da Atalaia. O BNG prestará toda a súa colaboración no caso de que o xulgado chame a declarar. Os nacionalistas lembran que o goberno local coñecía antes da concesión das licenzas de construción de tres edificios na atalaia a existencia de restos arqueolóxicos na zona e posteriormente entre o 4 e o 8 de xuño de 2007 permitiu e colaborou por omisión do seu deber na destrución parcial do xacemento.

A Fiscalía de Medio Ambiente retoma a investigación por destrución do patrimonio cultural no Castro da Atalaia.

O Xulgado de Instrución solicitou ao concello de Cervo a composición da corporación local dende o ano 2005 en diante no procedemento de instrución dun posíbel delito contra o patrimonio cultural polo que os nacionalistas celebraron a actitude da Fiscalía e avanzaron toda a súa colaboración para clarexar o que para eles e un feito incontestábel, “a actuación do goberno local en relación a ese xacemento axudou á súa destrución parcial e puxo trabas á súa protección”. O  portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, lembrou o incumprimento do goberno local dunha orde da Delegación Provincial de Cultura entre os días 4 e 8 de xuño de 2007 que esixía a parálise das obras de cimentación efectuadas polo promotor que provocaron o baleirado arqueolóxico da zona e o traslado dos restos a depósitos de escombro de Morás, baixando por unha rúa con dirección prohibida e superando a tara máxima permitida, “sen que o goberno local fixera nada por impedilo”.

Coñecemento da existencia do xacemento antes de conceder as licenzas de construción e recurso contra o seu inventariado.

O feito de que o pleno ordinario de 29 de xullo de 2004 tomase acordo da “toma en consideración do Avance do PXOM e a súa exposición pública”, onde se recolle “a recomendación de preservar terreos na atalaia pola existencia de restos arqueolóxicos”, non deixa lugar a dúbidas sobre o necesario coñecemento do goberno local da existencia dun xacemento arqueolóxico na zona, a pesar do cal, non tiveron inconvinte en conceder licenzas de construción para 42, 32 e 26 vivendas 28 de novembro de 2006, 1 de decembro do mesmo ano e 18 de abril de 2007, “sen ter a prudencia de informar previamente ao departamento correspondente en materia de protección do Patrimonio da Xunta de Galiza.”, “o goberno local tiña mais preocupación por garantir a construción destes edificios que por conservar un ben cultural que deixará importantes beneficios ao concello unha vez recuperado”, proba disto e a presentación o 26 de xuño de 2007 dun recurso contra a inclusión do xacemento da Atalaia no inventario de bens arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio por resolución de 19 de abril de 2007.

Exit mobile version