A responsable local do BNG de Burela, Inma Orol, xunto cos concelleiros Xosé González Legaspi e Neves Cando, acompañados de Manuel Parga, presentaron o boletín informativo da formación nacionalista que vén de editar a agrupación local.
Na publicación recóllense actuación e políticas aplicadas polo BNG en artigos titulados En tempos de crise, a prioridade para o BNG son as políticas sociais; Máis de 750.000 euros para converter o deporte de Burela nun referente en toda a comarca; Case 3.000 axudas para as familias de Burela que fixeron as súas compras de comezo de curso no comercio local; A Escola Infantil xa ten a nova cuberta comprometida polo BNG.
A publicación tamén recolle criticas ao PP en informacións tituladas A Burela vaille moito peor coa Xunta do PP; Ofensiva do goberno do PP para desmantelar os servizos públicos e O Partido Popular pon en grave perigo a sanidade pública galega.
O BNG distribuirá o boletín entre os veciños de Burela