Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Xove explica as competencias da Deputación nas súas estradas no concello

Nota de prensa

CONTESTACIÓN A UN ABSURDO OU COMO TAPAR A INEFICACIA CUNHA CORTINA DE FUME

Diante das manifestacións vertidas  polo portavoz do BNG de Xove na prensa no sentido de solicitarlle ao Concello que arranxe os viais da Deputación Provincial de Lugo no noso termo municipal, como Alcalde e en representación do Grupo de Goberno do Concello de Xove quero manifestar diante da opinión pública o  seguinte:

No noso Concello existen 47.931 metros de estradas de titularidade exclusiva da Deputación Provincial de Lugo. O estado destes viais pódese decir que é, como mínimo, lamentable. As queixas dos nosos veciños sobor do mal estado destas estradas son constantes;  dende o Concello, e facéndonos eco do sentir dos nosos cidadáns, presentamos numerosas solicitudes na Deputación para que por parte do Servicio de Obras da Deputación se proceda ao mantemento destes viais, que como dixemos ao principio son de TITULARIDADE EXCLUSIVA da Deputación. Por certo, que os fondos que non se empregan no noso Concello si se empregan no de Viveiro, mellorándose un vial na Parroquia de Valcarría ata precisamente o límite co noso Concello, sendo como é a mesma estrada; debe ser que para Deputación somos veciños de segunda como mínimo.

Falando de inversións, temos que decir tamén que a Deputación Provincial, a través do recargo provincial do IAE, obtén uns cuantiosos fondos do noso Concello, que dende logo non teñen un mínimo retorno, dado que en Xove as inversións da Deputación non chegan nin á categoría de esmolas.

A Deputación non só non mantén os viais que son da súa exclusiva titularidade, senón que, para maior agravio inda aos nosos veciños, anularon dúas obras importantes para Xove, as cales xa estaban adxudicadas; estas obras son: O ensanche, acondicionamento  e mellora do trazado da estrada  2602   “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “, vial que é unha das estradas da Deputación con maior tráfico de toda a Provincia, e tamén o  vial de novo trazado desde a intersección da Urbanización Palmeiro ata a ponte do Tarolo na  estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “.

E pouquísimo o que en mantimento fixo a Deputación no noso Concello; foi mellor incluso que non o fixera, recordando neste sentido o “gravillado”, porque non pode chamarse doutra maneira, o que realizou o Servizo Provincial de Obras na estrada de Lago a Morás, convertindo o vial con máis tráfico do Concello nunha auténtica pista de patinaxe, na que por certo se produxeron numerosos accidentes.

Esta explicación dos feitos foi, en liñas xerais, a base da proposta que o Grupo de Goberno do Concello de Xove levou ao Pleno, proposta na que se lle pedía á Deputación dúas cousas, por unha banda  que acometera un plan de melloras dos viais da súa titularidade  por razóns, sobre todo, de seguridade, e por outra, que se retomaran os dous proxectos de obras antes citados e que foron anulados.

Pois ben, esta moción de censura foi aprobada por UNANIMIDADE, incluido o concelleiro representante do BNG. Bueno, ata aquí, todo bastante claro. Agora comeza o absurdo. Podería ser que o portavoz do BNG non se enterase porque non é concelleiro, pero resulta que si estivo no Pleno como espectador; polo tanto, non pode ignorar o que se aprobou no Pleno, incluso polo seu propio partido, dahí que as declaracións realizadas ao medios parécenos totalmente absurdas.

Pero cremos que hai algo máis detrais desas máis que lamentables declaracións realizadas polo inexperto portavoz do BNG; por unha parte existe un intento evidente de enganar aos veciños de Xove, facéndolles crer que a responsabilidade do arranxo das estradas da Deputación é competencia exclusiva do Concello, e por outra, hai unha máis que evidente intención de tapar a nefasta xestión da Deputación Provincial, que por se hai alguén que inda non o sabe, está gobernada polo PSOE e polo partido do portavoz, o BNG. Ousexa, unha cortina de fume para agochar as irresponsabilidades da Deputación para co noso Concello.

Tamén quere dar o portavoz a sensación de que dende o Concello non se quere chegar a acordos coa Deputación. Falso tamén, dende a Alcaldía e todo o Grupo de Goberno téñense feito durante estes anos todo tipo de xestións (escritos, peticións, etc.) sen que as autoridades competentes da Deputación se molestasen o máis mínimo, dado que a sensación que nos queda é que somos unha importante fonte de recadación para eles, e pouco máis.

Por último, decirlle ao portavoz do BNG que os veciños de Xove non se van deixar enganar tan fácilmente, xa que son o suficientemente intelixentes  para distinguir onde está a palla e onde o grao, e vosted polo que se vé só entende de palla.

Exit mobile version