NOTA DE PRENSA
FERNANDO SUÁREZ FÍXOLLE CHEGAR AO SUBDELEGADO DO GOBERNO A SÚA PREOCUPACIÓN E A DOS VECIÑOS DE RIBADEO TRAS OS ROUBOS QUE SE PRODUCIRON NOS ÚLTIMOS DÍAS. A VINDEIRA SEMANA REUNIRASE A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE.
Suárez Barcia fíxolle chegar a Portomeñe “a miña preocupación e a dos veciños, que din sentirse inseguros. Queremos reunir ás forzas de seguridade do Estado para pedirlles que intensifiquen a vixianza non só en Ribadeo senón tamén na zona rural e que se estreite a colaboración de todos os corpos para dar canto antes cos autores destes feitos. En Ribadeo contamos con servizos diurnos da Policía Local, debendo ser incrementados e intensificados pola Garda Civil, de aí que consideremos necesario que a xunta local de seguridade se reúna canto antes”.
O rexedor conta que a xunta local de seguridade de Ribadeo “se poida reunir a vindeira semana. O luns voltarei a falar co subdelegado e agardo que lle poñamos xa data a este novo encontro”.