Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ ESTÁ SATISFEITO DOS FROITOS QUE ESTÁ A CONSEGUIR A ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DA RESERVA DA BIOSFERA. A COMISIÓN DE SEGUIMENTO, REUNIDA EN MADRID, DEU LUZ VERDE AOS INVESTIMENTOS QUE SE REALIZARÁN NOS VINDEIROS MESES.
Suárez Barcia dixo que “é unha alegría ver que os pasos que estamos a dar desde esta asociación de concellos da reserva da bisofera van dando os seus froitos. De feito na comisión de seguimento de onte entre representantes da asociación e responsables do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino validamos as liñas para a diversificación dos dous millóns de euros que temos que ter executado a mediados do ano 2011. Hai unha parte importante para a implantación de banda ancha nos diferentes concellos da reserva da biosfera e Ribadeo, aínda que ten unha parte urbana moi importante, máis importante que o resto dos concellos que son máis rurais, tamén ten unha parte de parroquias que teñen as mismas doenzas que outras zonas do interior desta reserva”.
O rexedor explicou que “tamén é importante que validamos a apertura do prazo, o 10 de novembro, da solicitude de axudas para a corrección de impactos ambientais e visuais, encamiñadas a levar adiante actuacións para eliminar este ben chamado ou mal chamado feísmo urbanístico. As subvencións poderán ir destinadas para amaño de elementos etnográficos, recebado de casetos moi vellos que están en ladrillo ou mesmo o cambio de cubertas de uralita por outras de lousa. Éstas actuacións e outras máis foron as que se aprobaron onte nesta comisión de seguimento”.
Fernando Suárez engadiu que “o que me alegra é que houbese un representante neste encontro da Xunta de Galicia, porque nos últimos tempos dubidaba do interese de estar neste encontro, co cual esto reforza os lazos que debemos ter, desde o punto de vista institucional e de colaboración, entre Xunta, Principado e os concellos galegos e asturianos de cara a poñer en valor este territorio que foi declarado pola Unesco hai un par de anos reserva da biosfera”.