Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz reuniuse en Bos Aires con veciños emigrados da localidade

Nota de prensa:

O Alcalde de Foz estivo reunido en Bos Aires con veciños e veciñas de Foz para, como sempre, saber das súas inquedanzas e, ao mesmo tempo, aínda que ía nunha viaxe privada, non podía marchar sen contactar con esta maravillosa colonia focense.

O Alcalde repartiu postais de Foz, pins coa bandeira do Concello e, sobre todo, saúdos de todos os/as focenses.

Rivera manifestou que se encontran todos ben aínda que maiores, como din eles. De regresar nada, como ben din eles mesmo. Aquí están os fillos, os netos e, por suposto, nós axudando e apoiándoos.

Os emigrantes focenses enviaron saúdos para todos e moita sorte para Foz e, como non, Feliz Nadal e Bo ano 2011.

O Alcalde de Foz estivo nunha entrevista na “RADIO DEL PUEBLO”, que se escoita en todo Bos Aires e no resto do mundo vía Internet. Segundo Rivera, foi interesante a entrevista. Incluso entraron oíntes dándose un caso moi curioso, pois entrou un veciño emigrante de Trabada e moi emocionado preguntaba ao Alcalde de Foz, se trabada estaba moi lonxe de Foz, respondendo o Alcalde que case estaban pegados, a menos de 15 Kilometros ,o cal emocionou máis a este señor.

Rivera manifestou que marcha tranquilo de Bos Aires, despois de ver á nosa xente. É a terceira vez que estivo neste maravilloso país.Tamén tivo eloxios para os compañeiros de Partido en Bos Aires, aos cales lles entregou, de parte da Agrupación de Foz, unha foto do Municipio que agradeceron sinceramente.

Agora toca regreso de volta coa tranquilidade da misión cumprida de disfrutar uns días de vacacións, onde temos moita historia. Nestes momentos hai 253 persoas en todo territorio arxentino e, na capital 156, que pertenceron ao Concello de Foz. Por certo, non foi ben visto a eliminación do voto nas Eleccións Municipais. Din que eles tamén teñen intereses nos Concellos: terras, herdanzas, inmobles que defender, …

Exit mobile version