Nota de prensa:
DECRETO DE ALCALDÍA Nº 784/2010
En virtude das facultades que me confire a lexislación vixente, e tendo en conta que na mañá do día de hoxe, faleceu D. Bernardo Rey Vázquez, ante tal fatal acontecemento sobrevido a unha persoa estreitamente vinculada ao noso concello no que desempeñou o seu traballo profesional con gran eficacia, e era persoa moi querida e coñecida por todos os veciños, esta Alcaldía, como medida de urxencia, ACORDA:
PRIMEIRO.- Decretar dous días de loito entre as 13:00 horas do xoves 18 de novembro ata as 13:00 horas do sábado 20 de novembro, como homenaxe ao falecido, durante cuxo tempo as bandeiras permanecerán a media asta e, a local, con crespón negro.
SEGUNDO.- Suspender todos os actos públicos oficiais, organizados polo Concello de Cervo, a través de calquera das súas delegacións, servizos ou departamentos.
TERCEIRO.- Transmitir formal e persoalmente as condolencias a familiares e amigos así como participar nos actos do funeral.
CUARTO.- Testemuñar as condolencias mediante un anuncio público en medio de comunicación e entregar coroa floral como recoñecemento do gran pesar que aflixe aos veciños do concello ante tan tráxico suceso.
Así o resolve, manda e asina o señor Alcalde – Presidente, Cervo, 18 de novembro de dous mil dez.