Nota de prensa
ALFONSO VILLARES URXE O REMATE DOS TRABALLOS DE MELLORA DA ESTRADA N-642 NO TERMO MUNICIPAL DE CERVO
* Os habitantes das vivendas colindantes ao traxecto onde se están a desenvolver estas obras do Ministerio de Fomento levan moitos meses soportando unha chea de incomodidades coma a dificultade de acceso ás súas casas ou a supresión de servizos coma o alumeado público
* Para o alcalde “non é de recibo” que unha obra de pouco máis de 3 quilómetros de longo “se eternice no tempo” sen motivo aparente algún.
Cervo, 2 de novembro de 2010.- Alfonso Villares, alcalde de Cervo, confirmou no día de hoxe a existencia de queixas de veciños e usuarios pola lentitude na que se están desenvolvendo os traballos de mellora e acondicionamento da estrada N-642 ao seu paso polo término municipal.
Segundo indicou o rexedor, os habitantes das vivendas colindantes ao traxecto onde se están a desenvolver estas obras que está a facer o Ministerio de Fomento levan moitos meses soportando unha chea de incomodidades coma a dificultade de acceso ás súas casas ou a supresión de servizos coma o alumeado público.
Obras semiparalizadas
“É comprensible que a xente se queixe. Hai que ter en conta que levamos máis de tres anos con estas obras e chega un punto en que veciños e usuarios desta estrada acaben fartos da lentitude na que se están desenvolvendo os traballos” recalcou o mandatario local, quen asegurou que as labores da empresa encargada dos traballos están semiparalizadas. “Hai máis dun mes que a intersección do antigo cruce que unía Río Cobo con Castelo e Trasbar está lista e só falta que a asfalten, pero non sei por que razón non se fixo aínda, sobre todo tendo en conta que hai uns días estiveron asfaltando precisamente o actual traxecto de estrada. O mesmo acontece coa nova rotonda que da acceso a Río Cobo e a San Ciprián” recalcou Villares.
Para o alcalde “non é de recibo” que unha obra de pouco máis de 3 quilómetros de longo “se eternice no tempo” sen motivo aparente algún. “A estas alturas levamos máis dun ano por quilómetro de estrada e ao paso no que van os traballos non vexo que isto teña visos de axilizarse” indicou. Por isto, dende o Concello de Cervo dirixiranse á demarcación provincial de Carreteras do Estado para coñecer de primeira man o motivo do atraso destas obras “que están a desesperar a unha boa parte de veciños e condutores que teñen que pasar diariamente por este tramo”.
Dende xullo de 2007
Esta actuación do Ministerio de Fomento foi adxudicada o 2 de xullo de 2007. Consisten na substitución da intersección en dobre T do punto quilométrico 52,150 (Río Cobo) por un enlace con paso superior; a construción de dous vías de servizo paralelas á N-642 separadas con barreira ríxida de formigón; así mesmo canalizaranse os cambios de sentido e a incorporación á N-642 evitando as manobras de cruce e xiro á esquerda e entroncarán coa carreteira da Deputación que da acceso a San Ciprián e Sargadelos que conecta co ramal de enlace e coa urbanización de Río Cobo.