Nota de prensa
O CONCELLO CONSENSÚA COA AMPA E A DIRECCIÓN DO CEIP DE CERVO A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MELLORA NO PATIO INFANTÍL DO CENTRO
o A actuación comezou hoxe e abarcará a remodelación dunha superficie de 450 metros cadrados
o A Xunta de Galicia financia os traballos que teñen un orzamento de 13.000 euros
Segundo indicou o rexedor local, Alfonso Villares, esta actuación foi consensuada coa asociación de nais e pais e coa dirección do centro. “As melloras son feitas a petición da asociación de nais e pais e o que fixemos dende o Concello foi buscar o see financiamento” puntualizou Villares.
“Dende o Concello creemos que este tipo de colaboración entre institución, pais e profesionais do ensino é o xeito máis adecuado de traballar porque estamos convencidos de que eles son os máis indicados e os que mellor coñecen as necesidades do centro e dos seus fillos” indicou o alcalde.
As obras consisten no acondicionamento dunha superficie de patio na parte posterior do centro de aproximadamente 450 metros cadrados que actualmente se atopa degradada polo seu uso e polo paso do tempo. Unha vez limpa e acondicionada toda a superficie colocarase baldosa de caucho nunha área de aproximadamente 180 metros cadrados; mentres que na restante (269 m2) estenderase unha capa de 10 centímetros de grava miúda de canto rodado de sílice. Os traballos teñen un orzamento de 13.200 euros e están financiados pola Xunta de Galicia.
Alfonso Villares destacou esta actuación “porque con ela solucionaremos os problemas derivados do uso deste patio de recreo e conseguiremos melloralo e adecualo ás normas de seguridade actuais para que as nenas e nenos deste centro podan gozar dunhas instalacións a pleno rendemento”.