Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela reclama a posta en marcha da depuradora de A Senra para evitar turbidez na a auga

Nota de prensa

ALFREDO LLANO CONSIDERA NECESARIA A POSTA EN MARCHA DA DEPURADORA DE A SENRA PARA EVITAR QUE A AUGA EN BURELA VOLTE A SAÍR TURBIA. DESTE ASUNTO PRETENDE FALAR NAS XUNTANZAS QUE SE CELEBRARÁN ESTA TARDE NO CONSORCIO.

Burela, 5 de novembro de 2010. A comisión executiva e o consello rector do consorcio do abastemento de auga a Cervo e Burela tentarán aprobar hoxe as contas xerais de 2009 e o plan económico de 2011 a 2013, segundo anunciou esta mañá o alcalde.

Alfredo Llano explicou que “na comisión executiva que se reunirá a partires das catro da tarde analizaranse as contas xerais de 2009 e tentaremos aprobar o inicio dun expedente de concertación dunha operación de crédito con destino ao financiamento da achega á administración hidráulica de Galicia para executar obras no abastecemento de auga a Cervo e Burela”.

O rexedor engadiu que “no consello rector que dará comezo a eso das cinco da tarde aprobaremos, si procede, as contas xerais de 2009 e o plan económico financiero para os exercizos de 2011 a 2013 e acordar a súa remisión á Dirección Xeral de Política Financieira si chegamos a un acordo”.

Nas xuntanzas desta tarde “imos procurar falar de cuestións técnicas, do que lle falta a este abastecemento de auga para poñerse en funcionamento xa. É algo que nos apura dado os últimos acontecementos que vivimos aquí en Burela, onde vemos que cando chove un pouco xa se enturbia a auga. Temos que procurar poñer en marcha a nova depuradora de A Senra que abastecerá de auga tanto a Cervo como a Burela e consideramos que será dunha calidade óptima. Para iso se fixo toda esta grande obra”.

Exit mobile version