Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela convoca a veciños e comerciantes da rúa Pardo Bazán para a súa posible peatonalización

Nota de prensa:
LLANO CONVOCA A VECIÑOS E COMERCIANTES DA RÚA PARDO BAZÁN A UN ENCONTRO PARA ANALIZAR A POSIBILE PEATONALIZACIÓN DESE VIAL. SERÁ O 30 DE NOVEMBRO NO CONCELLO.

Burela, 19 de novembro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convoca a veciños e comerciantes da rúa Pardo Bazán para analizar a posible peatonalización dese vial. O encontro terá lugar o vindeiro 30 de novembro a partires das 20 horas no salón de plenos do Concello.

O rexedor sinalou que “o que queremos é escoitar a todo o mundo, que todos aporten e aportemos ideas. O que pretendemos é informar a veciños e comerciantes das nosas pretensións para esa rúa”.

Convenio colectivo

Por outra banda, Alfredo Llano contou que “hoxe reuníuse a mesa de negociación do Concello para seguir achegando posturas sobre o convenio colectivo de 2011. Penso que temos os traballadores municipais teñen un dos mellores convenios da zona e seguiremos nesa liña”. O vindeiro encontro da mesa de negociación será o 15 de decembro.

Exit mobile version