Renovouse a executiva local de Novas Xeracións de Ribadeo
Nota de Prensa
Jacobo Río asume a dirección de Novas Xeracións en Ribadeo
* A renovación da executiva celebrouse onte coa presenza do presidente provincial, Daniel Vega e o portavoz do PP local, Manuel Valín
Jacobo Río García asume a dirección da nova xunta local na que estará acompañado, entre outros, da secretaria xeral, Eva Roviralta Rey. Durante o seu discurso, o novo presidente recordou o “enorme” traballo realizado pola xunta saínte, presidida por Daniel Vega. Para exemplificalo, Jacobo Río explicou que en pouco menos de dous anos Novas Xeracións de Ribadeo pasou de 4 a 33 afiliados. Con este balance, o novo presidente animou tanto a Vega como a outros membros da anterior xunta local que agora constitúen a executiva provincial a que “traballen por Lugo e o traballo que levástedes a cabo en Ribadeo agora aválavos”.
Pola súa banda, Daniel Vega agradeceu a colaboración de “toda a xente que tivo comigo durante a miña etapa en Novas Xeracións de Ribadeo”, ao tempo que animou “ a formación xuvenil máis importante de todo a concello a traballar man a man con Valín para que sexa o próximo alcalde de Ribadeo”.