NOTA DE PRENSA
Roberto Fernández asume a dirección de Novas Xeracións en Foz
A executiva constituíuse hoxe coa presenza do secretario xeral de NNXX da provincia, José Antonio González, e o candidato a alcaldía de Foz, Javier Castiñeira
Foz, 12 novembro de 2010.- A executiva local de Novas Xeracións de Foz constituíuse hoxe nun acto celebrado na sede do PP da vila e ao que asistiron membros da xunta provincial, entre eles o secretario xeral, José Antonio González Vázquez; xunto co candidato a alcaldía da localidade, Javier Castiñeira, e outros membros da corporación municipal do PP.
O novo presidente de NNXX de Foz, Roberto Fernández Pena, manifestou a ilusión da nova executiva e reincidiu nas ganas de traballar “polo partido, por Novas Xeracións e pola xente nova”. Neste sentido, Fernández Pena refiriuse á política “como unha boa ferramenta para facer cousas e solucionar problemas”. Así, o novo presidente engadiu que dende Novas Xeracións de Foz “traballaremos codo a codo co resto de Novas Xeracións, con Novas Xeracións da provincia e co Partido Popular local”.
Pola súa banda, o secretario xeral de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, José Antonio González Vázquez, felicitou á nova executiva por formar parte dunha agrupación caracterizada pola “liberdade e por ser o reflexo da xuventude”. De igual maneira, José Antonio González animou a nova xunta a traballar para que o Partido Popular de Foz gañe as próximas eleccións municipais que se celebrarán en maio, ao tempo que lles ofreceu o apoio dende a executiva provincial.