NOTA DE PRENSA
– O Próximo sábado día 06 de Novembro, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.
– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública continua a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería.
– Ata que dita reunión teña lugar os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública concentraranse os xoves a tarde no Centro de Saúde de Foz como sinal de protesta por o retraso da tan esperada reunión.
– Por último queremos animar os nosos veciños a que acudan a concentración do vindeiro sábado.