Site icon Crónica3.com A Mariña

No mes de outubro incrementouse nun 5,35% o paro na Mariña onde hai 4.391 persoas desempregadas

Referencia

Este informe foi elaborado polo Observatorio do paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Ámbito: Pacto Territorial de Emprego da Mariña, que abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela. Os datos do Pacto compáranse cos da Provincia de Lugo e con Galicia.
Fonte de datos utilizada neste informe: Consellería de Traballo e Benestar (informe mensual do paro rexistrado)
Táboa: Paro rexistrado, variación interanual, mensual en 2010 e mensual en 2009 O paro aumentou en 223 persoas no mes de outubro no conxunto de concellos que compoñen o Pacto Territorial de Emprego de A Mariña, o que supón un aumento do 5,35%.
Valor claramente inferior ao que se rexistraba en outubro de 2009, cando o paro aumentara un 7,59%.

Exit mobile version