Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX di que a Xunta estuda un novo financiamento do Noitebús

Nota de prensa:
NNXX reitera que a Xunta estuda unha nova financiación do Noitebús non a súa supresión

* O presidente provincial pídelle a Galiza Nova que non faga demagoxia nin doutrina política ao pé do pupitre
* Vega tamén dúbida que a agrupación nacionalista recollera 1.500 firmas contra as medidas reais da Xunta

Lugo, 16 de novembro de 2010.- O presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, reitera que a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas non está a estudar a supresión do servizo do noitebús, senón que está a traballar en novas fórmulas de financiamento para que os máis novos se sigan beneficiando destas rutas nocturnas. Así, Vega pídelle a agrupación político xuvenil, Galiza Nova, que “coñecedores desta situación non fagan demagoxia nin se acerquen a colexios e institutos a facer política ao pé do pupitre”.

No que respecta a recollida de 1.500 firmas que a agrupación nacionalista asegura haber reunido, Daniel Vega manifesta a súa dúbida ante tal situación e pide que se lles explique á xuventude “a situación real que se está a vivir”. Ante isto e dado o recorte orzamentario ao que se someteu a comunidade autónoma dende o goberno Central, o presidente provincial volve a recordar que “dende Novas Xeracións entendemos que a Xunta priorice os servicios e pague os esenciais como son a dependencia, os comedores, o transporte escolar ou a sanidade”.

Dende Novas Xeracións tamén recordan o “cinismo de Galiza Nova”, xa que segundo lembra Daniel Vega, “o primeiro que fixo o BNG cando accedeu ao Goberno foi eliminar programas de prevención do consumo do alcohol entre os condutores máis novos –condutor alternativo–“. Ademais, segundo engade o presidente provincial, O BNG “agora estase opondo a unha lei, a que prepara a Xunta, que ten por obxecto evitar o alcoholismo temperá, non con sancións, senón con educación e medidas de traballo social e sensibilización”.

Dende Novas Xeracións de Lugo tamén aclaran que Galicia é a comunidade española coa oferta máis ampla de rutas de Noitebús –194–. Neste sentido Vega recorda que moitos destes servizos teñen un escaso número de usuarios, polo que resulta “ilóxico” que a Xunta subvencione liñas de baixa demanda “cando en moitas zonas do rural lucense non existe transporte que cubran servizos como acudir ao médico ou desprazarse ao posto de traballo”.

Exit mobile version