Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX de Viveiro renovou executiva e mantén ao presidente

NOTA DE PRENSA

Vicente Vázquez repite como presidente de Novas Xeracións de Viveiro

A renovación da executiva celebrouse hoxe coa presenza do presidente provincial, Daniel Vega, e o candidato a alcaldía local, César Aja Mariño.

Viveiro, 20 novembro de 2010.- A renovación da executiva local de Novas Xeracións de Viveiro tivo lugar hoxe nun acto celebrado na sede do PP local e ao que asistiron membros da xunta provincial, entre eles o seu presidente, Daniel Vega, xunto co candidato a alcaldía de Viveiro polo Partido Popular, César Aja Mariño, e  os presidentes doutras xuntas locais da zona.

Vicente Vázquez Chao repite como presidente da executiva de Novas Xeracións en Viveiro. Nesta nova andaina estará acompañado na xunta pola vicepresidenta, Tatiana Rivas; a secretaria, Elena Del Valle, a tesoureira, Verónica Mantilla; e os vogais, Eusebio Candia e Josiño Vidal.

Durante o seu discurso, Vicente Vázquez reincidiu na necesidade de traballar e dárlle o seu apoio a César Aja para que “sexa o novo alcalde de Viveiro”. De igual maneira, o presidente local tamén destacou ámbitos nos que centrarán o seu esforzo como é o deportivo.

Pola súa banda, Daniel Vega ofreceu todo o apoio dende a xunta provincial á Novas Xeracións de Viveiro, ás que se refiriu como “un exemplo a seguir en anteriores etapas e seguramente nesta nova época que comeza hoxe”. Así mesmo, animounos a loitar para conseguir “a alcaldía en Viveiro e que o PP se faga coa Deputación lucense”.

Exit mobile version