Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX a cree que a visita papal reforzará a Galicia como epicentro espiritual e turístico

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

NNXX lamenta a inconsciencia do BNG ante a visita papal que reforzará a Galicia como epicentro espiritual e turístico

* Vega defende que a visita do Papa transcende os personalismos e as siglas políticas dada a súa perspectiva histórica, cultural e espiritual
* O presidente provincial considera que a chegada de Benedito XVI honra a Galicia xa que é un peregrino ilustre

Lugo, 4 de novembro de 2010.- O presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, entende que dende o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Galiza Nova non se comparta a dimensión relixiosa da visita do Papa, porén pídelles que “sexan conscientes da perspectiva histórica e cultural dunha visita que durante este Ano Santo engrandecerá o Xacobeo”. Vega fai estas declaracións en resposta as manifestacións vertidas en torno a visita de Benedito XVI por parte do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, e a secretaria xeral de Galicia Nova, Iria Aboi.

Vega considera que a chegada de Benedito XVI “reforzará a Galicia como epicentro espiritual neste 2010 e destacará o seu atractivo como reclamo de turistas e peregrinos”. Neste sentido, o presidente provincial precisa que dende o PPdeG “non se ligará a visita do Papa cunha visión mercantilista da relixión”, pero si destaca que a súa chegada “xerará riqueza nunha autonomía que ten no Xacobeo unha vía para paliar os efectos da crise”.

Vega tamén precisa que “dende Novas Xeracións e dende o PPdeG consideramos que a visita do Papa é unha noticia que transcende máis aló de personalismos e de siglas políticas”. En calquera caso, segundo indica Vega “o único protagonista é o Santo Padre ao que temos que dar as grazas por vir a Compostela no Ano Santo xa que coa súa visita ratifica que Compostela é hoxe a capital do mundo”.

En relación as declaracións de Antón Bao, Daniel Vega asegura que “dende Novas Xeracións lamentamos que alguén que ten a grande responsabilidade de representar á Deputación de Lugo, na súa calidade de vicepresidente, e máximo responsable tamén na área de cultura, se preste a increpar ao Papa e á súa visita”

Así, o presidente provincial manifesta estar seguro de que as palabras de Bao “non representan á imensa maioría dos lucenses e probablemente tampouco ao conxunto do Goberno provincial”

NOITEBÚS

No que respecta as continuas críticas que dende o BNG e Galiza Nova se verten contra a posible redución nas liñas do Noitebús, Daniel Vega volve a recordar que “dende Novas Xeracións entendemos que a Xunta priorice os servicios e pague os esenciais como son a dependencia, os comedores, o transporte escolar ou a sanidade”. Así mesmo, dende a xunta provincial queren deixar claro que, tal e como promulga o goberno de Feijóo, non se defende a supresión do Noitebús senón que “se procuren outras fórmulas de financiamento que permitan manter o servizo” como é que o custo do billete se rebaixe coa colaboración das asociacións e empresas de hostalería, coa achega dos propios estudantes ou que os propios concellos se fagan cargo do custe.

Dende Novas Xeracións de Lugo tamén aclaran que Galicia é a comunidade española coa oferta máis ampla de rutas de Noitebús –194–. Neste sentido Vega recorda que moitos destes servizos teñen un escaso número de usuarios, polo que resulta “ilóxico” que a Xunta subvencione liñas de baixa demanda “cando en moitas zonas do rural lucense non existe transporte que cubran servizos como acudir ao médico ou desprazarse ao posto de traballo”.

Exit mobile version