Nota de prensa
O Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolle durante esta semana as III Xornadas sobre a Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación, nas que terán destacada presenza o PRoxecto de Innovación Educativa do IES PErdouro e o Modelo de Planificación Lingüística do Concello de Burela.
Na presente edición, a Facultade de Ciencias da Educación contará coa participación de representación de Nova Escola Galega, da Universidade de Santiago, da REal Academia Galega e de diferentes medios de comunicación. Entre as 4 e as 6 da tarde do día 18 de novembro, realizarase un debate sobre o Modelo Burela, para o que se contará coa participación de representantes docentes e de ex-alumnos do IES PErdouro que agora están continuando a formación na Universidade da Coruña.
A colaboración entre o IES PErdouro e a Universidade da Coruña continuará durante os meses de novembro e decembro en dous eventos máis. O sábado 27 de novembro, o profesor Bernardo Penabade intervirá nas xornadas “Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación” coa exposición sobre o labor do catedrático ferrolano como planificador lingüístico. Nas mesmas xornadas, o día 25 ás 8 da tarde será proxectado un audiovisual con unha entrevista inédita a Carvalho Calero realizada polo profesor Ramón Reimunde Noreña.
Finalmente, no día 2 de decembro, a coordinadora de Innovación Educativa do IES PErdouro, María José Andión Fontela, participará nas VII Xornadas de Lingua e Usos, que nesta edición están dedicadas á relación entre a lingua e a sanidade. Aproveitando a súa presenza neste evento académico, a representante do IEs PErdouro aproveitará a ocasión para entregar unha memoria de actuacións pedagóxicas a Xosé Luís Méndez Ferrín (presidente da RAG) así como aos representantes das forzas políticas con representación parlamentar. En reunión con Goretti Sanmartín, responsábel da área de Dinamización da Universidade da Coruña, avaliará a posibilidade de colaboración para outras actividades académicas a realizar durante o ano 2011