Site icon Crónica3.com A Mariña

Crearon unha mesa sobre violencia de xénero e consumo de drogas na xunta de seguridade de Burela

Nota de prensa:

EN BURELA CONSTITUÍRONSE NA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE UNHA MESA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E OUTRA DE COORDINACIÓN SOBRE O CONSUMO DE DROGAS. AMBAS COMEZARÁN A TRABALLAR A VINDEIRA SEMANA.

Burela, 18 de novembro de 2010. En Burela na xunta local de seguridade constituíronse unha mesa sobre a violencia de xénero e outra de coordinación e traballo sobre o consumo de drogas, segundo ven de anunciar o alcalde.
Alfredo Llano contou que “se constituiu unha mesa sobre violencia de xénero, consideramos que se trata de algo moi importante que xa está a funcionar noutros lugares. Reunirase cada tres meses, a primeira xuntanza podería ser xa a vindeira semana”.
O rexedor explicou que “tamén estivemos a falar da seguridade, da delicuencia… na comarca da Mariña e en Burela. Estamos a ver que se están a incrementar os roubos profesionalizados e organizados, parece ser que son xente que actúa en diferentes lugares da comarca e noutros puntos de Galicia. Tamén se detectou que están a aumentar estes delictos nos polígonos industriais e que empregan algún método novo para cometer eses roubos”. Llano engadiu que “coincídese en que a provincia de Lugo non é das máis conflictivas, aínda que na nosa zona está a aumentar este tipo de delincuencia”.
O alcalde de Burela manifestou que “fixemos unha análise en profundidade sobre o consumo de drogas que aquí tanto nos preocupa e dedicimos crear unha mesa de coordinación e traballo, que tentará reunirse nos próximos días e na que estarán representadas as forzas de seguridade deo Estado, a Policía Local, os directores dos institutos, algunha educadora social e o Concello de Burela. O Concello será o encargado de coordinar esta actuación para que a incidencia das drogas se minimice. Entre todos hai unanimidade para facer o que poidamos desde os nosos postos de traballo para conseguilo, implicaremos á Garda Civil para incrementar a vixianza, e tamén aos Servizos Sociais e de Drogodependencias. A vindeira semana si é posible teremos a primeira xuntanza”.

Exit mobile version