Nota de prensa
Na 3ª xornada da LNB da Conferencia NorLeste que se disputou no Campo da Cabana de Foz, os chicharros lañados deixaron un salgado arume e voaron con vento fresco ata Portonovo.
Os incombustibles Bateas, logo de asistir pola mañá na Coruña o comezo da liga regular do Noroeste, na que se impuxo un dos seus palanadores, Xan Rodiño, apareceron tamén na Mariña para loitar no II Aberto do Chicharro Lañado. Nin a fatiga da viaxe, nin a parexa formada por Reyes e Guille (de “Os Outros”) foron quen a frealos sendo nesta ocasión o premio para Xosé Rodiño que non deu trégola e impuxose justamente. Os palanadores de Os Outros, viñan de pasar unha complicada rolda fronte a Markytos e Hugo, e se cadra foi o esforzo realizado o que lle fixo froxear mais do convinte na final. A proximidade dun triunfo que viron tan preto atenazounos e os seus golpexos careceron da forza e orientación acostumada e deixaron que Xosé lles limpara os chicharros de diante dos fuciños. Para o pequecho dos Rodiño foi un paso mais, deixou na cuneta a Andres R. e Daniel nun desempate, fixo o propio co seu irmán Xan e pasou por riba de Marcos para plantarse na final que foi quen de gañar.
Unha xornada mais da liga de billarda que pon de manifesto o gran nivel e a igualdade dos palanadores, xa non hai craros dominadores e faise normal recurrir as carreiras de desempate para pasar de rolda.
A clasificación individual da un pequeno xiro pero sin grandes variacións. Hugo ponse primeiro adiantando a Daniel por un so punto, gañan algúns postos Reyes, Markytos e os irmáns Rodiño e baixan Moisés e Borxa que non participaron, o resto case nos se move.
Por equipos siguen dominando os Billardeiros Musicais ainda que reducen a distancia con Os Outros e os Bateas adiantan un posto e xa acosan os Remourelle Bulls que siguen de terceiros.
En varados sube a dez o número de palanadores que puntúan. Oito se conseguiron nesta xornada batendo o record da primeira na que se fixeron sete. Comanda a clasificación Daniel con 4 varados, sigue Guille con 3 e logo Eric, Ginés e Jose con 2. Con 1 quedan outros cinco palanadores entre os que se atopa Reyes, a primeira muller que consique un varado esta tempada.
Xuntámonos un total de 31 palanadores, cifra algo mais baixa do que ocurre habitualmente e tivemos a sorte de cara xa que nos repectou a chuvia e poidemos xogar fora sin ter que facer uso do pavillón do C.E.I.P. nº 1, que se nos facía pequeno dabondo para a práctica da billarda.
Con sorpresa e agrado asistimos logo de finalizado o xogo, a un amago da estrea do himno oficial do equipo “Os Bateas” os que aplaudimos a iniciativa ainda que lles pregamos encarecidamente que ensaien un pouco mais antes do segundo intento. Animo, que gañas si que lle poñen e que cunda o exemplo.