No partido disputado este sábado ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro, correspondente á quinta xornada da liga provincial sénior masculina o C.F.S. Cidade De Viveiro caeu derrotado por 0-2 fronte ao Area 10 Escola Club, colleitando a primeira derrota da tempada e a perda do liderato xa que ámbolos dous equipos chegaban ao partido empatados a puntos.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron: Miguel, Tati, Paxy, Pablo, Borja, Brais, Sombri, David e Calpita.
No partido disputado este ás 11:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro o equipo xuvenil masculino do CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO colleitou a súa segunda derrota da tempada logo de caer fronte ao Concello de Guitiriz por 2 goles a 8.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Miguel, Samuel, Gabriel, Marcos (2), Bruno, Fernando, Camilo, Cristian, Lucas, Álex e Jairo.