Nota de prensa
Máis de 300 persoas redescubrirán esta semanaa Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra con Km0
A Vicepresidenta 2ª recibiu a un grupo de veciños de Lugo e a outro de Cervo,
quenes visitaron as localidades de Ribadeo e Tor, respectivamente
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este martes a un grupo da Asociación Cultural de Veciños de San Xoán do Campo (Lugo), e a outro da Asociación de Mulleres de San Cibrao (Cervo), dentro de Km0; o programa medioambiental e de visitas institucionais ó Pazo de San Marcos co que o organismo provincial impulsa a economía luguesa, mantendo uns 3.000 postos de traballo directos e indirectos en diversos sectores produtivos.
En total, 309 persoas redescubrirán esta semana a Mariña, a Ribeira Sacra e a Montaña. Os veciños de Lugo coñeceron o Centro de Interpretación Terras do Miño. A continuación, desprazáronse ata Ribadeo, onde visitaron o Centro de Cultivos Mariños, o convento de Santa Clara e o caso histórico. Tamén fixeron unha travesía marítima pola ría. Pola súa banda, o veciños de Cervo elexiron a Ribeira Sacra como destino da súa ruta. Concretamente, percorreron o Pazo de Tor e o Museo do Ferrocarril. Previamente, redescubriron o Mazo de Santa Comba.
O mércores, un grupo da Asociación Amas de Casa “San Tirso” de Palas de Rei desprazaranse ata o Cebreiro, logo de visitar o Mazo de Santa Comba. Nesta localidade da Montaña luguesa, farán a pé o percorrido ata o primeiro hito do Camiño Francés e visitarán o Museo Etnográfico, a igrexa de Santa María A Real e o Monte da Cruz. Este mesmo día, integrantes da Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román (Vilalba) decantaranse pola ruta “Adegas e Miradores”, que inclúe unha degustación na adega Algueira (Doade), un paseo a pé ata Pena do Castelao, ademais dunha visita á oleiría de Gundivós e ó mirador de Cadeiras. Completarán o itinerario cun percorrido polo Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.
Finalmente, o xoves, un grupo de traballadores da Residencia Xeriátrica do Valadouro elexirán a mesma ruta que as veciñas de Palas de Rei. Asimesmo, un grupo da Asociación “Pensando en Nós” de Samos percorrerán as praias das Catedrais e dos Castros, en Ribadeo. Completarán a ruta cunha visita á cetárea de rinlo e á oleiría de Bonxe.