Nota de prensa
JOZI DEFENDERÁ A CAMISOLA BRASILEIRA NO MUNDIAL DE MADRID (5-11 DE DECEMBRO)
A meta laranxa Joziane de Oliveira, Jozi, defenferá a camisola brasileira no Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino de Madrid, que terá lugar entre o 5 e o 11 de decembro.
A burelista deberá presentarse en Fortaleza (Brasil) o 25 de novembro; xunto a ela, o técnico Vander Iacovino convocou a outra brasileira da División de Honra, Ju Delgado, do Móstoles FSF.
Esta é a segunda tempada deportiva da gardameta en España e no Burela FSF Pescados Rubén. Co número 1 da Selección Brasileira de Fútbol Sala no seu poder dende 2005, Jozi foi convocada en seis ocasións pola ‘canarinha’, ademais de ser reclamada pola selección de fútbol outras cinco veces; a última concentración da porteira burelista co seu combinado foi no pasado mes de xullo, como preparatorio para o campionato madrileño.
Galicia Sub-19. Os burelistas Manuel Jiménez e Juan Quiroga comezarán os adestramentos coa Selección Galega Sub-19 o vindeiro luns, 15 de novembro; será no pavillón compostelán de Roxos, a partir das 18.30 horas. Completan a lista de convocados Antonio Diz, Diego Núñez e Ángel Trabada, do Azkar Lugo; Sergio Catelao, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Rubén Cabada, do Parrulo FS; Bruno Abalde, do Coruxo FS; Ricardo Arcay, do Troula FS; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma, Antonio Rodríguez e Rodrigo Blanco, do AD FS Bueu.