Site icon Crónica3.com A Mariña

Ferreira de O Valadouro celebra durante o sábado o Equiouro 2010 e a hostalería a ruta de tapeo

Nota de prensa

A pasada semana, presentábase o programa EQUIOURO 2010 que vai a ter lugar en Ferreira de O valadouro o vindeiro sábado 20 de Novembro durante toda a xornada. Este programa consiste en varias carraeiras de andadura ó longo de toda a xornada nunha pista do centro da vila de Ferreira. Ademáis, a hostalería colabora con este programa poñendo polo menos unha tapa en cada local de poldro e onte fixéronse públicas as tapas que se ian servir nos distintos locales hostaleiros chegando así a organizar a VI ruta de tapeo pola vila de Ferreira.  Cada local participa poñendo dúas tapas, polo menos,e unha delas con carne de poldro e de maneira totalmente gratuita. esta vez, participan e, por primeira vez na historia, o 100% dos loacales hostaleiros da vila de Ferreira nunha xornada de tapeo que se vai a desenrolar durante toda a xornada do día 20 de Novembro.

Exit mobile version