Nota de prensa:
O PASEO MARÍTIMO DE RINLO E A PRAIA DE ESTEIRO SON OS LUGARES MÁIS AFECTADOS POLO TEMPORAL DAS ÚLTIMAS HORAS EN RIBADEO.
Ribadeo, 9 de novembro de 2010. O paseo marítimo de Rinlo e a praia de Esteiro son os lugares máis afectados polo temporal das últimas horas en Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, confirmou que “en Ribadeo sí que houbo unha serie de desperfectos aínda que cremos que non foron demasiado importantes. Están localizados en Rinlo, en Esteiro e no porto deportivo”.
O rexedor explicou que “en Rinlo na zona da ribeira houbo algo de máis desfeita, o mar levantou parte do paseo marítimo que xa estaba un pouco estragado polo anterior temporal que lle afectou a esta zona hai uns meses e que aínda non fora arranxado. Tamén deixou a súa impronta na fonte de Xuncos e na praia de Esteiro, aquí a forza do mar chegou ata os baños que quedaron bastante estropeados e tamén algún peitoril quedou afectado”.
Suárez Barcia manifestou que “os técnicos municipais están a realizar os informes correspondentes para remitirlle a Costas co fin de que tome nota e que cando pase este temporal se proceda ao seu arranxo. Tamén sabemos que houbo xente en Rinlo e en Ribadeo que tivo que asegurar as súas embarcacións porque a forza do mar as podías mover ou soltar. Estamos preocupados pola pleamar da tarde e polos novos desperfectos que poida ocasionar e confiemos en que o temporal non deixe máis males que estes que acabo de reseñar xa que sendo importantes tampouco é unha cuestión tráxica”.