Site icon Crónica3.com A Mariña

Detecta o PP irregularidades nas contratacións da Deputación

Nota de prensa:
Barcia considera que Gato “recoñeceu o amiguismo que impera na Deputación á hora de contratar traballadores”

Lugo, a 8 de novembro de 2010.- O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia considera que as declaracións de Antonio Gato, voceiro dos socialistas na Deputación, veñen a confirmar as irregularidades detectadas nos procesos de selección e contratación de traballadores na administración provincial e das que deu conta o pasado venres. “O Sr. Gato asume que a institución provincial coverteuse, dende a chegada do bipartito, nunha axencia de colocación para os amigos”, aseverou.

Barcia reprochoulle ó voceiro socialista “que non esgrimira ningún argumento de peso para desmentir tal situación e adicárase, coma sempre, a botar balóns fora”. Non eludiu tampouco ó reto plantexado por Gato sobre as vinculacións familiares dalgúns dos traballadores da adminstracións provincial: “recollo o seu guante e pronto falaremos polo miudo das relacións de parentesco que teñen boa parte do persoal recientemente incorporado á plantilla provincial”.

Exit mobile version