Deron comezo na Casa da Cultura de San Ciprián os cursiños de encaixe de bolillos organizados polo Concello de Cervo a través da concellería de Asuntos Sociais. Estes cursilllos tamén se desenvolverán no núcleo de Cervo. Son impartidos pola encaixeira Modesta Lombardero e a súa duración será de dúas horas á semana durante sete meses. Desenvolveranse os luns en Cervo e os mércores en San Ciprián e están abertos a toda a xente sen límite de idade nin sexo.