Site icon Crónica3.com A Mariña

Deputación e concello explicaron aos comerciantes de Burela un programa que lles aforra 80 mil euros

Nota de prensa:
Deputación e Concello explicaron aos comerciantes o programa personalizado que lles aforra 80.000 euros

– O Alcalde de Burela, o director de formación do programa provincial, membros da CEL e da Cámara de Comercio mantiveron unha reunión informativa cos comerciantes do municipio

– Todos os interesados poden inscribirse ata este mércores chamando ó 982-22-78-12 ou enviando os seus datos a burelacomercio@deputacionlugo.org

A Deputación e o Concello de Burela detallaron este mércores as vantaxes de Burela co seu comercio, o 1º programa totalmente personalizado e gratuíto posto en marcha na provincia para a mellora deste sector. O Alcalde de Burela, Alfredo Llano, o director de formacion do programa provincial, Nemesio Galán, xunto a membros da CEL e da Cámara de Comercio de Lugo mantiveron unha reunión informativa con comerciantes burelenses na que concretaron o contido e o desenvolvemento da programación.

Durante o encontro, que tivo lugar ás 20:30 horas no Salón de Conferencias burelés, deuse conta da distribución das 6 semanas de duración de Burela co seu comercio. Son 250 horas de asesoramento individual e prácticas, nas que os 20 beneficiados coñecerán, de forma totalmente individual, dende as oportunidades do seu negocio, as posibles negociacións con proveedores e institucións financieiras, e ata o contorno xurídico laboral e fiscal, as actividades de merchandising ou a xestión de stocks.

Para elo, expertos económicos visitarán in situ cada establecemento, e traballarán códavo con códavo cos seus propietarios para, finalmente, deseñar un plan de mellora que determine as novas actuacións a levar a cabo co obxectivo de impulsar os seus negocios. O organismo provincial faise cargo de todos os custes aforrando ós participantes 80.000 euros, o prezo segundo o mercado deste servizo.

O Alcalde convidou a todos os comerciantes a participar neste iniciativa, a segunda que a Deputación leva a Mariña en apoio ó tecido empresarial logo da celebración en Viveiro dun programa de sucesión familiar no que participaron 20 empresas. Burela co seu comercio engádese ademais ás pioneiras axudas ós autónomos en España, coas que a Deputación subvencionou, só nesta zona da provincia, os gastos correntes de máis de 250 traballadores, moitos deles comerciantes.

O prazo de inscrición pecha este mércores, 10 de novembro. Ata entón, todos os comerciantes burelenses poden inscribirse chamando ó 982-22-78-12 ou enviando un correo electrónico ó seguinte enderezo: burelacomercio@deputacionlugo.org.

Exit mobile version