Nota de prensa:
BARREIROS ACOLLERÁ UN CURSO DE BRICOLAXE PARA MULLERES A VINDEIRA SEMANA. A ACTIVIDADE SERVIRÁ PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Barreiros, 19 de novembro de 2010. Barreiros acollerá un curso de bricolaxe para mulleres os días 25 e 26 de novembro. A actividade está organizada polas Concellerías de Servizos Sociais, Muller e Xuventude para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.
As interesadas en participar poden inscribirse ata o día 25 no departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao teléfono 982 124 002. O curso de bricolaxe celebrarase de 16 a 20 horas o xoves e o venres da vindeira semana no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.