Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa invicto o C. B. Celtas-Primera Calidad que gañou por 49 a 44 ante o Cluny en Marzán

CRÓNICA

Celtas-Primera Calidad segue invicto tras tres xornadas da Liga Autonómica (foto:Miguel Fraga)

FOZ (M. F. O.) .- O Celtas-Primera Calidad volveu a gañar e segue invicto tras tres xornadas da Liga Autonómica. Os focenses lograron sacar adiante un partido ao que acudían con tres importantes baixas, Eduardo e Javier por motivos persoais e Diego Cao por lesión. O baixo tanteo do marcador (49-44) denota a importancia das defensas sobre os ataques e a igualdade foi máxima.
Nos primeiros minutos o Celtas entrou algo frío e as primeiras vantaxes foron para o Preciosport, pera a fin do primeiro cuarto xa gañaban os locais (13-12). Nos seguintes dez minutos a vantaxe aumentou grazas a boa defensa que deixou ós visitantes en so 7 puntos. Tras o descanso igualouse o marcador para decidir todo nos minutos finais. Nestes intres o maior acerto anotador dos mariñáns decantou a balanza o seu favor. Con esta vitoria o Celtas mantense colider da categoría xunto co C. B. Arteixo.
Polo C. B. Celtas-Primera Calidad xogaron: Adrián, Humberto(17), Miguel(14), Piñón (6), Manuel(2), Borja(3), Sebas(2) e Ángel(5).
A nota mais salientable do encontro foi o debut de Ángel Cao, con so 15 anos, e que contribuíu en boa parte a vitoria local.

Exit mobile version