Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo fará obras de mellora na rua da Cruz de San Cibrao

Nota de prensa:
O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA RÚA DA CRUZ

*

Os traballos fanse ao abeiro do convenio subscrito na primavera pasada entre o Goberno local e o Instituto Galego da Vivenda e Solo
*

Ademais desta actuación o convenio de colaboración entre estas dúas administracións ten posibilitado obras de mellora na Avenida da Veiga en San Ciprián e en varias rúas de Río Cobo

Cervo, 8 de novembro de 2010.- O Concello de Cervo iniciará nos vindeiros días os traballos de mellora no entorno da rúa da Cruz na vila de San Ciprián.

Estes traballos enmárcanse dentro das obras incluídas no convenio subscrito no mes de abril entre o Concello de Cervo e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e no que tamén se inclúen actuacións xa realizadas como a mellora dun tramo de beirarrúas na avenida da Veiga e a remodelación de varias calles da urbanización de Río Cobo.

Obras

As obras que se acometerán na rúa da Cruz consisten na actualización das tubaxes de abastecemento de auga por unhas novas fabricadas en polietileno dun diámetro de 75 milímetros que poderán soportar unha presión máxima de 10 atmosferas. A actuación completarase coa reposición e renovación da canalización da rede de saneamento e coa rexeneración dun treito de pavimento desta rúa mediante o rego asfáltico en quente de 5 centímetros de espesor. Así mesmo, aproveitarase tamén para ampliar o ancho actual da calzada ao final da rúa (é unha vía cega e sen saída) co obxecto de facilitar a manobra de cambio de sentido dos vehículos que transitan por ela.

Segundo dixo alcalde, os traballos perseguen “continuar mellorando servizos básicos como as vías de comunicación, o abastecemento de auga e o saneamento en toda-las rúas e lugares do noso termino municipal” sinalou. Villares lembrou que o convenio subscrito polo Concello e o IGVS permitiu levar adiante obras de mellora en varias rúas de Río Cobo e tamén na avenida da Veiga de San Ciprián. “Pensamos que este acordo é beneficiosos para o concello porque deste xeito podemos afrontar a realización dunha serie de melloras en rúas e estradas da nosa competencia que son moi necesarias e demandadas polos veciños. Pretendemos, en definitiva, seguir na liña de mellora e acondicionamento das infraestruturas básicas do noso municipio porque estamos convencidos de que é bo traballar en conseguir investimentos beneficiosos e rendibles para o conxunto dos cidadáns. Por iso, temos o compromiso de seguir nesta liña e continuar poñendo os piares dunhas infraestruturas básicas que nos permitan seguir medrando dun xeito harmónico e con garantías de futuro para o conxunto dos cervenses” asegurou Villares.

Exit mobile version