Nota de prensa
CENTOS DE MARIÑAOS E MARIÑÁS PEDIRON EN COMPOSTELA UN CAMBIO DE RUMBO NA POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña esixe a marcha atrás na política de privatización da sanidade pública e melloras na comarca da Mariña
Coa política sanitaria que a Xunta está a desenvolver só gañan uns poucos e o conxunto da poboación perde día a día calidade asistencial
AGRADECEMENTO AOS CENTOS DE MARIÑAOS E MARIÑÁS QUE SE MOBILIZARON CONSCIENTES DUNHA REIVINDICACIÓN XUSTA E NECESARIA
A plataforma mariñá quixo mostrar a súa satisfacción polo éxito da manifestación e esixiu “co aval dos milleiros de persoas que onte ocuparon as rúa de Compostela”, un cambio de rumbo na política sanitaria do actual goberno galego. Especial mención fixeron á presenza de centos de mariñaos e mariñás que onte estaban presentes en Compostela, neste sentido a portavoz da plataforma mariñá, Rosa López Expósito, “agradeceu a asistencia de todas estas persoas que son conscientes da necesidade e xustiza desta reivindicación para frear o constante deterioro do sistema público sanitario na comarca”. López Expósito interveu onte en Compostela para denunciar para o constante deterioro da asistencia sanitaria primaria e especializada na comarca, “na Mariña nos camiño de perder todo o gañado nos últimos 30 anos e só a sociedade poder frear esta desfeita”.
NON IMOS CONTRA NINGÚN PARTIDO PÓLITICO SO DEFENDEMOS O GAÑADO NAS ÚLTIMAS XERACIÓNS.
A portavoz da plataforma quixo deixar claro que “nesta loita non imos contra ninguén, so defendemos o avanzado nas últimas xeracións que agora non queremos perder”, López insistiu en que cos recortes no investimento en sanidade pública e a súa deriva privatizadora o actual goberno da Xunta, “derrocha o diñeiro público para beneficio duns poucos nunha política que deixará a xeracións futuras débedas sociais e económicas de difícil recuperación”. A portavoz da plataforma mariñá deixou claro que moita xente da Mariña “xa sabe que e mais fácil que te deriven a un centro privado que te atendan no Hospital da Costa en varias especialidades e este deterioro vai a mais”.
A MANIFESTACIÓN DE ONTE EN COMPOSTELA NON E O PUNTO FINAL SENÓN UN PASO MAIS DUNHA LOITA QUE AÍNDA NON REMATOU.
A plataforma mariñá que forma parte de SOS SANIDADE PÚBLICA xunto con outras 15 plataformas en todo o país, partidos políticos e sindicatos dixo “non dar por rematado os seu traballo coa manifestación de onte” e neste sentido “pediu á sociedade mariñá un esforzo para continuar demandando un servizo sanitario público, universal e de calidade” e advertiu que a Xunta aínda non aplicou na comarca o Decreto de Reorganización do Sistemas Periféricos do SERGAS, “no que a Área Sanitaria Norte perderá a súa independencia e capacidade de xestión e o Hospital da Costa deixará de ser o centro hospitalario de referencia”. López Expósito rematou esixindo aos xestores sanitarios na Mariña “mais dedicación ao sistema sanitario público e menos a outras cousas, as cifras sobre listas de espera e desvío de doentes a centros privados falan por si mesmas e hoxe o hospital da Costa e o peor exemplo de cómo se debe xestionar a saúde pública”.