Nota de prensa
CENTOS DE MARIÑAOS E MARIÑÁS PEDIRON EN COMPOSTELA UN CAMBIO DE RUMBO NA POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña esixe a marcha atrás na política de privatización da sanidade pública e melloras na comarca da Mariña
Coa política sanitaria que a Xunta está a desenvolver só gañan uns poucos e o conxunto da poboación perde día a día calidade asistencial
A Mariña, 22 de novembro de 2010. A Plataforma Sanitaria na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mostrou a súa satisfacción polo éxito da manifestación convocada por SOS SANIDADE PÚBLICA na mañá de onte en Compostela. A plataforma mariñá agradeceu aos centos de mariñaos e mariñás que onte tomaron as rúas de Compostela coas 40.000 persoas que acudiron a defender a sanidade pública diante das políticas de recortes e privatización do sistema que está a levar adiante o goberno da Xunta. Para a plataforma este e un paso mais na esixencia dun cambio de rumbo ao goberno de Núñez Feijoo que vai camiño de converterse no presidente galego con mais contestación social na historia recente do país.
AGRADECEMENTO AOS CENTOS DE MARIÑAOS E MARIÑÁS QUE SE MOBILIZARON CONSCIENTES DUNHA REIVINDICACIÓN XUSTA E NECESARIA
A plataforma mariñá quixo mostrar a súa satisfacción polo éxito da manifestación e esixiu “co aval dos milleiros de persoas que onte ocuparon as rúa de Compostela”, un cambio de rumbo na política sanitaria do actual goberno galego. Especial mención fixeron á presenza de centos de mariñaos e mariñás que onte estaban presentes en Compostela, neste sentido a portavoz da plataforma mariñá, Rosa López Expósito, “agradeceu a asistencia de todas estas persoas que son conscientes da necesidade e xustiza desta reivindicación para frear o constante deterioro do sistema público sanitario na comarca”. López Expósito interveu onte en Compostela para denunciar para o constante deterioro da asistencia sanitaria primaria e especializada na comarca, “na Mariña nos camiño de perder todo o gañado nos últimos 30 anos e só a sociedade poder frear esta desfeita”.
NON IMOS CONTRA NINGÚN PARTIDO PÓLITICO SO DEFENDEMOS O GAÑADO NAS ÚLTIMAS XERACIÓNS.
A portavoz da plataforma quixo deixar claro que “nesta loita non imos contra ninguén, so defendemos o avanzado nas últimas xeracións que agora non queremos perder”, López insistiu en que cos recortes no investimento en sanidade pública e a súa deriva privatizadora o actual goberno da Xunta, “derrocha o diñeiro público para beneficio duns poucos nunha política que deixará a xeracións futuras débedas sociais e económicas de difícil recuperación”. A portavoz da plataforma mariñá deixou claro que moita xente da Mariña “xa sabe que e mais fácil que te deriven a un centro privado que te atendan no Hospital da Costa en varias especialidades e este deterioro vai a mais”.
A MANIFESTACIÓN DE ONTE EN COMPOSTELA NON E O PUNTO FINAL SENÓN UN PASO MAIS DUNHA LOITA QUE AÍNDA NON REMATOU.
A plataforma mariñá que forma parte de SOS SANIDADE PÚBLICA xunto con outras 15 plataformas en todo o país, partidos políticos e sindicatos dixo “non dar por rematado os seu traballo coa manifestación de onte” e neste sentido “pediu á sociedade mariñá un esforzo para continuar demandando un servizo sanitario público, universal e de calidade” e advertiu que a Xunta aínda non aplicou na comarca o Decreto de Reorganización do Sistemas Periféricos do SERGAS, “no que a Área Sanitaria Norte perderá a súa independencia e capacidade de xestión e o Hospital da Costa deixará de ser o centro hospitalario de referencia”. López Expósito rematou esixindo aos xestores sanitarios na Mariña “mais dedicación ao sistema sanitario público e menos a outras cousas, as cifras sobre listas de espera e desvío de doentes a centros privados falan por si mesmas e hoxe o hospital da Costa e o peor exemplo de cómo se debe xestionar a saúde pública”.