Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP que a Deputación adicou en tres anos máis de nove millóns de euros a gastos diversos

NOTA DE PRENSA

O GPPP asegura que Gómez Besteiro adicou en tres anos máis de nove millóns de euros a gastos diversos

* Os populares consideran que Besteiro aplica en Lugo o modelo de Zapatero, caracterizado por incrementar desmesuradamente a débeda e derrochar os cartos de todos en beneficio propio

Lugo, a 22 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que José Ramón Gómez Besteiro leva disposto en gasto diversos nestes tres últimos anos 9.133.827,42 euros, que non se teñen sometido a ningún tipo de control político e que básicamente adicáronse a cubrir o custo da campaña de autopropaganda e autobombo do propio presidente da Deputación.

Os populares indican que este gasto desmesurado constata, unha vez máis, que Besteiro segue ó pe da letra o modelo Zapatero, que se caracteriza polo derroche e polo incremento, igualmente desmedido, da débeda. Unha débeda que, segundo lembran, ascende xa a 73 millóns de euros, polo que a Deputación atópase ó borde da súa capacidade máxima de endebedamento.

Salientan, ademais, que o abuso e o mal uso do crédito non serviu para xerar riqueza, nin para vertebrar a provincia, e menos aínda para poñer as bases que permitan a Lugo sair da crise, aínda que sexa cunhas garantías mínimas, posto que eses fondos non se adicaron a poñer en marcha novos parques empresariais, nin se apostou nin respaldou ós sectores productivos básicos. Como mostra, dende o GPPP fan referencia a que o respaldo económico ó sector pesqueiro por parte da Deputación queda reducido a pouco máis de 30.000 euros anuais. ao seu paso por esta comarca. Ante esta situación de claro desequilibro entre o treito autonómico do Corredor que está en execución, e o treito estatal,  que nin tan sequera ten definido o seu percorrido –seguen pendentes a resolución das alegacións dos concellos- o que esperábamos  escoitar de Besteiro é unha maior autocrítica pois o PSOE non está a dar a talla na Mariña.

Exit mobile version