Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela elaborará un protocolo de actuacións, coordinación e formación conta os malos tratos

Nota de prensa:

A MESA TÉCNICA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO ELABORARÁ UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS E COORDINACIÓN E OFRECERÁ FORMACIÓN PARA SENSIBILIZAR AOS CENTROS DE ENSINO E AO COLECTIVO MÉDICO CO FIN DE DETECTAR POSIBLES CASOS DE MALOS TRATOS.

Burela, 29 de novembro de 2010. A mesa técnica sobre a violencia de xénero, constituida en Burela, elaborará un protocolo de actuacións e coordinación dos efectivos de seguridade, saúde, legais e de asesoramento e ofrecerá formación para sensibilizar aos centros de ensino e ao colectivo médico co fin de detectar posibles casos de malos tratos.
O venres quedou constituida en Burela a mesa técnica sobre violencia de xenero. A edil nacionalista explicou que “esta mesa técnica de coordinación responde á pretensión, desde a administración local, de garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas e mellorar a calidade asistencial ás mulleres víctimas da violencia de xénero”.
Neves Cando dixo que “esta mesa será a base sobre a que se traballe de maneira continua e coordinada a prol da consecución de avances na protección, na atención, na prevención, na sensibilización e tamén na intervención nesta complicada problemática que é a violencia de xénero”. Esta mesa está adscrita á Concellaría de Igualdade e integrada polas profesionais dos Servizos Sociais e do CIM do Concello de Burela, polas traballadoras sociais do centro de saúde e do Hospital da Costa, por unha médica de urxencias tamén do hospital, por representantes da Garda Civil e da Policía Local de Burela e da Policía Autonómica de Lugo, pola xefa da Unidade contra a Violencia da Subdelegación do Goberno, por representantes da administración de xustiza e do xulgado de Mondoñedo e polos orientadores dos centros educativos de primaria e de secundaria de Burela.
A responsable de Igualdade sinalou que “en base ao obxectivo específico de favorecer a coordinación entre estes distintos ámbitos de actuación representados na mesa para desenvolver e unificar criterios comúns de atención ás usuarias, optimizando e axilizando todos os recursos existentes tomáronse unha serie de decisións para levar a diante nos meses vindeiros. Queremos definir un protocolo de actuacións conxuntas e coordinadas que permitan, independentemente do ámbito en que a xurda a problemática, dar enseguida os pasos necesarios para coordinar os efectivos de seguridade, de saúde, os legais e os de asesoramento. E detectóuse a necesidade de ofrecer formación en materia de sensibilización, sobre todo nos centros educativos, non só para previr no futuro a violencia de xénero senón tamén para detectar posibles casos nos ámbitos familiares e tamén se propuxeron campañas de sensibilización entre o colectivo médico para a detección de posibles víctimas. Nestas dúas vertentes traballaremos nos vindeiros meses e para a próxima reunión poder aprobalas”.

Exit mobile version