Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela terá unha pista de pádel na Marosa na que a Deputación investirá 30 mil euros

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA VISITOU O LUGAR ONDE SE UBICARÁ A NOVA PISTA DE PÁDEL, EN BURELA

Con esta nova instalación, na cal se investirán 30.000 euros, complétase a oferta deportiva do concello de Burela, que na Marosa xa conta con dúas pistas de tenis, un campo de herba artificial e outro de herba natural

BURELA, 06 de novembro de 2010. O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, maila concelleira de Deportes de Burela, Neves Cando, visitaron esta mañá as instalacións deportivas que se atopan na Marosa, en Burela, onde se realizarán en breve as obras de construción dunha nova pista de pádel, cun orzamento de 30.000 euros.

Como sinalou Veiga, “esta pista de pádel ven a completar a oferta deportiva de Burela que, grazas á Área de Deporte da Deputación e á inmellorable xestión da súa concellería de Deporte, dá deste xeito aínda máis alternativas de ocio saudable aos veciños de Burela”. Pola súa banda, Neves Cando sinalou que en canto rematen as xestións administrativas, “comezarán as obras de realización desta instalación, que cun orzamento de 30.000 euros, se rematará no prazo dun mes”.

A pista terá unhas dimensións de 20×10 metros, e contará cun peche de vidro en cerco metálico e céspede artificial no chan. Estará iluminada por 4 torretas de 6 metros de altura cunha potencia de 400w cada unha. Como lembrou Veiga, “a Área de Deporte da Deputación de Lugo continúa dando o seu apoio aos concellos grandes, medianos e pequenos, e deste xeito cúmprese pouco a pouco o noso obxectivo de dotar de infraestruturas e facilidades en materia de deporte a todos os concellos que o requiran e así, a todos os lucenses”.

Exit mobile version