Site icon Crónica3.com A Mariña

As bibliotecas de Cervo convocan o concurso de poesía “Nadal 2010” para escolares de 8 a 16 anos

NOTA DE PRENSA

Certame Infantil

Poesía de Nadal

– Bibliotecas Municipais –
As Bibliotecas Públicas Municipais, co patrocinio da Biblioteca Nodal de Lugo e da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2010”, de acordo coas seguintes:

Bases do certame

* Poden participar tódolos escolares do termo municipal que se atopen cursando estudios de educación infantil e primaria, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.

* Establécense tres categorías:

o A –> ata 8 anos;
o B –> de 9 a 11 anos;
o C –> de 12 a 16 anos.

* Cada autor poderá  presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego ou castelán e a súa extensión será como máximo un folio por unha sola cara. Cada traballo, acompañarase dunha folla aparte co nome e demais datos do autor.

* O prazo de presentación de traballos rematará o 21 de decembro de 2010 debendo ser entregados nas Bibliotecas de Cervo ou San Ciprián.

* Un xurado seleccionará  por cada categoría un traballo. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e os gañadores un agasallo sorpresa, adaptado a cada idade, de carácter lúdico-didáctico.

* Os traballos premiados nesta fase local (exclusivamente os redactados en galego segundo indican as bases do certame provincial) participarán na fase provincial do Certame.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

NOTA DE PRENSA

AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CERVO CONVOCAN O CERTAME DE POESÍA DE  NADAL

* Poderán particiar nenos e rapaces nalgunha das tres categorías establecidas: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 ata 16 anos e, como gran novidade este ano, con cantos traballos queiran, sempre que cada un deles non superen a extensión dun folio por unha cara e fagan entrega dos mesmo antes do 21 de decembro.

Cervo, 11 de novembro de 2010.- . As Bibliotecas Municipais de Cervo convocaron un ano máis o tradicional certame infantil de poesía de Nadal. Desde a Concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo animan a participar a todos os nenos e rapaces do seu termo municipal nalgunha das seguintes categorías:

A –> ata 8 anos;

B –> de 9 a 11 anos;

C –> de 12 a 16 anos

Como principal novidade nesta ocasión cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, redactados en galego ou castelán e cunha extensión máxima, cada un deles, dun folio por unha sola cara. Cada traballo, acompañarase dunha folla aparte co nome e demais datos do autor

O prazo de presentación de traballos rematará o 21 de decembro de 2010 debendo ser entregados nas Bibliotecas de Cervo ou San Ciprián. Será na primeira quincena de xaneiro cando se faga entrega dos agasallos correspondentes aos premiados.

Ademais os traballos premiados nesta fase local (exclusivamente os redactados en galego según indican as bases do certame provincial) participarán na fase provincial do Certame, onde optan ao recoñecemento dentro das mellores poesías da provincia, que serán compiladas nunha publicación.

Os participantes recibirán un diploma acreditativo e, no caso de resultar premiados na fase local, un agasallo sorpresa, segundo a idade, de carácter lúdico didáctico.

Exit mobile version