NOTA DE PRENSA
O PP comarcal deu a coñecer estas axudas publicadas no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia
A MARIÑA RECIBE PRETO DO 20.000 EUROS PARA DISTINTAS ACCIÓN DE FOMENTO DO VOLUNTARIADO
* Traballo e Benestar asinou un convenio co Concello de Ribadeo por valor de 8.000 euros para desenvolver o programa voluntariado Xacobeo 2010
* Outros tres concellos -O Vicedo, Viveiro e Lourenzá- repártense máis de 11.000 euros para desenvolver distintas accións de sensibilización sobre voluntariado local
A Mariña, 2 de novembro de 2010.- A Mariña lucense recibe preto de 20.000 euros para distintas accións de fomento do voluntariado. Así o explicou no día de hoxe o Partido Popular comarcal, a través do deputado autonómico Jose Manuel Balseiro, despois de que as axudas apareceran publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). As achegas poden dividirse en dous grupos: voluntariado Xacobeo e voluntariado xeral, esta última dirixida á tarefas de sensibilización e coordinación no eido da acción solidaria.
VOLUNTARIADO XACOBEO
A Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio co Concello de Ribadeo por valor de 8.000,00 euros para a execución e desenvolvemento do programa de voluntariado Xacobeo 2010.
A través do mesmo, a administración local ribadense recibiu unha bolsa económica co máximo importe previsto de axuda (8.000 euros) coa que contribuír ao custe das distintas tarefas de coordinación e mantemento do programa de voluntariado xacobeo que deberán levar a cabo. O concello está a servir de enlace permanente tanto con Protección Civil e outras autoridades, así como coa Dirección Xeral de Xuventude.
VOLUNTARIADO XERAL
Ao mesmo tempo o DOG publica a resolución da orde de axudas que rexen as subvencións dirixidas aos concellos para o fomento das actividades de sensibilización e fomento do voluntariado local para o ano 2010 achegando un total de 11.224,37 euros a repartir entre os seguintes municipios da Mariña solicitantes.
* Vicedo Lugo 4.912,53 €
* Viveiro Lugo 3.375,00 €
* Lourenzá Lugo 2.936,84 €
As accións de voluntariado poden desenvolverse nas seguintes áreas:
a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como:
-Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como a promoción e captación de voluntariado.
-Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e as súas organizacións.
-Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación (local, comarcal, etc.).
b) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre os diferentes concellos e mancomunidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.