Site icon Crónica3.com A Mariña

Anda o rio revolto

Acércanse a eleccións municipais, e empeza a andar o rio revolto, non solo polo que chove, senón que partidos políticos, teñen celigras, andan polos bares, cacarexando non sei cantas cousas pensan facer, uns que si salvaron o concello, outros que o van salvar, e outros nin si nin non.
Dende logo, eu penso que os cidadáns, o primeiro que teriamos que facer e pedirlles contas, ¿que fixeron uns no goberno e outros na oposición?, xa que a información contrastada e cero, os debates deberon ser a porta pechada e en voz baixiña, por que os cidadáns non nos chegou nada, ¿ou será que en Xove non hai problemas?.
Señores candidatos, déanos algunha explicación, do que fixeron con 25 millóns de euros durante estes catro anos, e despois xa falaremos dos vindeiros catro e de quen nos ten que gobernar, non de por feito que en Xove, non hai mais alternativas.

Exit mobile version