Nota de prensa
O medio cento de alumnos de quinto e sexto de primaria puideron presenciar desde a tribuna do público o desenvolvemento do Pleno do Parlamento e o debate dunha iniciativa. Tamén visitaron outras estancias do Pazo do Hórreo, entre elas as salas de reunión dos distintos grupos políticos.
A visita foi posible grazas á invitación efectuada polo Partido Popular de Foz, quen sufragou os gastos de transporte, nun programa de aproximación ás institucións democráticas e para que os escolares coñezan a “casa de todos os galegos”.