Site icon Crónica3.com A Mariña

A vicepresidenta da Deputación esixe á Xunta un plan para frear o deterioro da sanidade na Mariña

NOTA DE PRENSA

Lara Méndez esixe á Xunta elaborar un plan específico para frear o deterioro da sanidade pública na Mariña

– A Vicepresidenta 2ª critica que o goberno autonómico reducise á metade o investimento para o Hospital da Costa en 2011 xa que, dentro da rede hospitalaria galega, é o que peor rexistro obtén en canto a unha primeira visita co especialista

– Este centro presta atención a 72.000 mariñanos “e cada vez máis deriva pacientes da zona a outros centros, o que obriga ós veciños a ter que desprazarse fóra da súa comarca para recibir atención médica especializada”

– Lara Méndez participa na inauguración do XXIII Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo que esta fin de semana se celebra en Ribadeo, e no que participan 150 especialistas de toda a Comunidade

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este venres na inauguración do XXIII Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo que se celebra esta fin de semana en Ribadeo. No transcurso do acto, Lara Méndez, esixiu á Xunta de Galicia elaborar un plan específico para frear o deterioro da sanidade pública na Mariña, xa que o Hospital da Costa presta atención a 72.000 mariñanos “e cada vez máis deriva pacientes da zona a centros privados a facer intervencións cirúrxicas, así como probas diagnósticas, o que obriga ós veciños a ter que desprazarse fóra da súa comarca para recibir atención médica especializada”.

Neste senso, Méndez subliñou que “o fácil é cruzase de brazos e dicir que non temos cartos como está a facer o goberno de Feijóo, quen reduciu á metade o investimento previsto para este Hospital en 2011, pasando de un millón a máis de 500.000 euros. Ademais é o centro que, dentro da rede hospitalaria galega, obtén o peor rexistro en canto a unha primeira visita co especialista”.

O organismo provincial non ten competencias directas en Sanidade, a diferenza do goberno autonómico. “Precisamente, non era de recibo que seguiramos xestionando os dous hospitais provinciais que transferiremos ó SERGAS o 1 de xaneiro. Non obstante, dentro das nosas posibilidades non eludimos a nosa responsabilidade, senón que impulsamos medidas que están relacionadas cos temas que se abordarán neste congreso”.

A este respecto, lembrou que en outubro de 2009 o organismo provincial puxo en marcha o primeiro paseo cardiosaudable en colaboración coa Fundación Española do Corazón e a Sociedade Española de Cardioloxía, “co que conseguimos concienciar a todos os lugueses da importancia de levar unha vida saudable”.

Asimesmo, sinalou que en 2011 investiranse 12 millóns de euros para a construción de 10 centos de día e de terceira idade en diferentes Concellos da provincia co obxectivo de frear o despoboamento e de prestar unha atención moi demandada na provincia, e que baixo o nome de “In Lugo” entrará en funcionamento o vindeiro ano o primeiro centro experimental de Galicia,  no que se probarán con cidadáns da rúa, produtos e servizos para o benestar social antes de que saian ó mercardo. Este “laboratorio cidadán” é un nicho de emprego dos máis importantes da provincia que ademais aforra cartos ás empresas e emprendedores.

Programa do Congreso

Lara Méndez participou na inauguración do evento, xunto co Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o Presidente da SGENM, Manuel Botana, o Presidente do Comité Organizador, José Aurelio Fernández Álvarez, e o Xerente do Hospital da Costa, José Insua Pernas. Sobre o Congreso sinalou que “nos tempos que corren patoloxías relacionadas coa endocrinoloxía son a que teñen máis incidencias na poboación, polo que é algo no todos debemos reparar: doentes, profesionais e administracións”.

Na actualidade, uns 220.000 galegos, o 8% da pobación, padece diabetes e Galicia sitúase á cabeza en hipertensión, colesterol ou depresión. “Tendo en conta este panorama, o congreso que hoxe inauguramos acada, se cabe, unha maior trascendencia”.

Un total de 150 endocrinólogos de toda Galicia reuniranse esta fin de se

Exit mobile version