Nota de prensa:
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
A Plataforma Pola Residencia de Anciáns e Centro de Día en Foz convoca a todos os colectivos sociais, culturais e políticos que a constitúen, así como a cantos outros que estean interesado en formar parte, á reunión que se celebrará o vindeiro venres 19 de novembro ás 20:30 horas no local da Asociación de Veciños “O Castro”, situado na Casa do Mar de Foz. Prégase a asistencia xa que se tratarán asuntos de importancia como determinar as actuacións que se levarán a cabo para a reivindicación da creación dunha residencia de anciáns e un centro de día en Foz.