Nota de prensa
Mar Barcon afirma que esta proposta “leva o ADN do PP”
OS SOCIALISTAS DIN QUE A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS DO GOBERNO DE FEIJOO TEN COMO FINALIDADE DESPROTEXER O LITORAL E DEIXALO NUNHA SITUACIÓN DE PRECARIEDADE
-A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Mar Barcón asegura que esta é unha Lei de punto e seguido xa que asevera “que o Partido Popular non vai deixar de tentar converter a máxima de que todo terreo é un solar”
– Afirma que o PP fai electoralismo barato con esta proposta e replica que si de verdade quixera axudar ás familias galegas non tiña máis que presentar unha iniciativa rigorosa no Congreso dos Deputados
– Advirte que o PP incluso aproveita os orzamentos para facer unha operación vergoñenta e tentar modificar as leis vinculadas coa protección territorial rebaixando a protección
Santiago de Compostela 10 de novembro do 2010. A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Mar Barcón asegurou hoxe que o PP pretenden “colar” unha modificación da Lei de Costas para tolerar e liberar unha ocupación costeira sen límite, e unha privatización do uso dun ben colectivo que debemos preservar, como é o do litoral. Asegura que o PP pretende a demolición da Lei de Costas “e nesa viaxe os socialistas non os vamos a acompañar”.
Barcon, que interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para amosar a postura do PSdeG sobre a modificación da Lei de Costas, denunciou que o PP insiste en tomar decisións que van contra a protección do territorio e que poñen en perigo o noso patrimonio natural. Asegura que esta é unha Lei de punto e seguido xa que asevera “que o Partido Popular non vai deixar de tentar converter a máxima de que todo terreo é un solar”. E afirma que esta modificación“leva o ADN do PP”.
A deputada lembra ademais que o Goberno de Feijoo no seu día pretendía a Modificación da Lei do Solo para legalizar todas as edificacións ilegais, fora cal fora o tipo de solo e as circunstancias. Denuncia que a día de hoxe esta proposta segue vixente e a vontade do PP é a de desprotexer o litoral e deixalo nunha situación de precariedade.
A portavoz socialista explica que o Goberno de Feijoo non intenta axudar ós veciños que no seu día se viron prexudicados polo desleixo dunha ou doutra administración, senón que “abre a porta a calquera actuación que poña en perigo a costa, sen respectar os lexítimos dereitos nin diferencialos daqueles outros que non merecen este esforzo”, sentenciou.
Na súa intervención preguntou para que serve Artigo 1 e 4 deste proxecto de Lei?”. E insistiu nas súas criticas “como se pode propoñer a modificación das condicións do uso do dominio marítimo terrestre”, espetou Barcon. E proseguiu “este texto non engana a ninguén”.
Proposta do PSdeG-PSOE
A maiores relata que a proposta socialista para a Modificación da Lei do Solo aposta por “introducir sentido común, e dar acubillo ás situacións que sofren algunhas familias dende a entrada en vigor da lei de costas, pero non abrir a man a outras ilegalidades”. A deputada dixo que o acordo parlamentario non foi posible “xa que o PP quere seguir no camiño do “todo vale”, coa desculpa de solucionar o de algún concello ou núcleo costeiro”.
Asegura que o PP fai electoralismo barato con esta proposta e replica que si de verdade quixera axudar ás familias galegas non tiña máis que presentar unha iniciativa rigorosa no Congreso dos Deputados. E subliña “esto solo unha operación pre electoral”.
Mar Barcon afirma que o Partido Popular segue un tortuoso camiño nas decisións relativas ó solo, e todas van na mesma dirección “estragar o solo”. Advirte que incluso aproveita os orzamentos para facer unha operación vergoñenta e tentar modificar as leis vinculadas coa protección territorial rebaixando a protección. A deputada denuncia que a modificación dos usos do solo rústico non é máis que unha nova demostración do pouco que lle importa o noso patrimonio natural ao PP. E conclúe “as declaracións do conselleiro de industria, respecto a que ían cambiar a Lei para que veña a Mitsubishi, son unha burla”, resumiu.