Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación TIC da Deputación aprobou o orzamento 2011 que ascende a 1,57 millóns de euros

NOTA DE PRENSA

O apoio da Fundación TIC ó centro empresarial In Lugo e a gratuidade das matrículas marcan o Orzamento 2011

– O Padroado da Fundación aprobou o Orzamento de 1,5 millóns de euros, mantendo o mesmo esforzo que nos dous exercicios anteriores

– A Fundación audiovisual dará apoio ó centro de innovación empresarial In Lugo que a Deputación está a construír no andar superior do mesmo edificio da TIC, na rúa Frai Plácido Rey Lemos

– Gómez Besteiro destaca que “a inserción laboral dos alumnos segue a ser a nosa máxima e, un ano máis, a pesar de que recortes témolos todos e non só a Xunta de Galicia, manteremos a gratuidade das matrículas na Escola”

O Padroado da Fundación TIC, dependente da Deputación, aprobou este xoves o Orzamento 2011e o Plan de Actuación da única Escola de Imaxe e Son da provincia (EIS) e do seu Centro de Produción de Programas (CPP). O presuposto para o ano que vén ascende a 1.570.955 euros, mantendo o mesmo esforzo económico que en 2009 e 2010 e a pesar do adelgazamento do orzamento da Deputación. Gómez Besteiro sinalou que “en época de crise temos que buscar fórmulas para aproveitar ó máximo os recursos que temos. Por iso, a Fundación terá un novo cometido: apoiar ó novo centro empresarial In Lugo que a Deputación está a construir empregando o andar superior do edificio da TIC, e que permitirá ás empresas probar seus produtos con público real antes de sacalos ó mercado”. Estes innovadores centros, que responden á filosofía de laboratorios cidadáns ou city-lab, precisan de abundante material audiovisual como: vídeos corporativos de empresas, grabacións coas opinións do público sobre os productos, etc. “Aí entrará o papel dos alumnos da TIC”, adiantou o titular provincial.

Exit mobile version